Xaquín Xesteira, Gaita e percusión

Entroncado dende neno na música tradicional, tivo como principal mestre ao gaiteiro Nando Casal. Cursou estudios de gaita no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Participou como gaiteiro e percusionista en varios concertos do grupo MILLADOIRO, e na gravación dos discos "Os Tempos Son Chegados", do grupo NA LÚA, "Sempre e Máis Despois" de FUXAN OS VENTOS, “Albeida” e “Cantos Caucanos” de RODRIGO ROMANÍ, “O Aghinaldo” de MALVELA, “Meniños Cantores” producido por PAI, e “O quiquiriquí” da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Foi produtor artístico do primeiro traballo da AGRUPACIÓN ABERTAL de A Rúa de Valdeorras (Ourense). Patrono da Fundación Sondeseu e director das Seccións de Gaita e Percusión da Orquestra Folk Sondeseu.Autor do libro- cd MÉTODO DE GAITA GALEGA I e MÉTODO DE GAITA GALEGA II publicados no ano 2007 por Edicións do Cumio. Na actualidade é mestre de gaita e percusión no Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios Municipal de Vigo e compoñente do Grupo de Gaitas OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.