Este é o teu espacio, pensado para que poidas opinar sobre o noso traballo, páxina ou ideas. Tanto as críticas como as loubanzas serán ben recibidas, sabendo que chegamos a un público que non é indiferente ante propostas referidas ó noso patrimonio músical.

Nome :
E-Mail :
Escribe aquí os teus comentarios:



COMENTARIOS

Ola! eu son un rapaz d Poio que toco o acordeón e gostame moita a música galega, e desde k vos vin a actuar no teatro de Pontevedra quedei absoluatamete abraido... solo queria dicirvos que sigades facendo música galega e seguir recordando a musica de sempre..Unha aperta Kike


Ola! son unha gaiteira das Pontes.Teño 17 anos e quero deixarvos a miña firma aquí para que vexades que a xente nova segue a apoiar a tradición galega.Xa me gustaba moito o voso traballo como grupo e xunto co orfeón moito máis.Espero que continuedes moitos anos coa nosa música.Por certo,o concerto de onte aquí no pobo estivo moi ben e agardo outra visita. Unha aperta.


Sodes os mellores, seguide así, non vos desviedes a outro estilo. Por moitas veces que vos vexa e escoite, non me canso. Gonzalo González


Se vos declarades tan ultratradicionais por que usades madeira de granadillo nas vosas gaitas, foles de goretex armonías modernas no acordeón e mesmo disonancias? Anónimo


Gracias polo espectáculo de onte. Estouvos a seguir dende a presentación de "Unha noite non é nada", e nunca defraudades, cada concerto e senlleiro, e os directos van direitiños a onde xurden as emocións. Como galega síntome orgullosa de vós e da música que facedes. Seguir sementando...Josefina Carracelas


O concerto de onte en Viveiro fenomenal , soubo a pouco .Gústame a ledicia que amosades no escenario . Seguide así .Un saúdo. Carmela.


Sólamente puedo deciros una cosa, fantástico, lo que me habéis hecho disfrutar en estos últimos conciertos ha sido estupendo.....ya teneis una incondicional más....ánimo y a seguir con el folk. Bicos. Merce.


Impresionante, de verdade!Gracias por facernos disfrutar coa mosa música, de verdade, sodes incribles.Seguide así, unha enorme aperta!!! Oscar.


Hola, me encantó vuestra página, soy de Buenos Aires. Pertenezco al centro Santa Comba de Xallas que tiene 3 años de existencia, también hacemos música de pandereta y coplas. un abrazo.


Quería felicitar tanto aos gaiteiros de Treixadura como a o seu Orfeón polo magnifico disco que sacaron.
Soubéronlle dar a cancións coñecidas por todos o seu toque personal, que mesturado coas magnificas voces do orfeón fan tremer as persoas que os escoitan.
Cantigas como a de Fisterra que me encanta cando nalgúns dos concertos ves o ambiente especial que se produce nas persoas que acuden ao espectáculo.moitas felicidades e continuade asi. Saúdos e Bicos.
Rosalía Fernández Pulido


Felicidades polo concerto de onte, 17 de Agosto'07 (mais ben 18) en Vilagarcía. Polo aviso para navegantes tras dez anos de silencio na Vila e polo alto que deixades o liston do noso folclor. Gracias. Diego Alcaine

Bos días, so podo dicir unha cousa,XENIAL, o concerto da Xunqueira.
Envio esta mensaxe dende Pamplona, dende que volvín das festas do San Roque non deixo de escoitar o CD de Unha semaniña enteira.
O remate do concerto cantando todosnos Fisterra foi o mellor remate posible. Fernando Castro Fontán.

Teño que facer unha loubanza, un aviso e unha crítica.
Estiven no concerto de Redondela e…
Loubanza- FOI DO MELLOR. Tedes unha percusión case inmellorable, un acordeonista para caer de cu e unhas voces extraordinarias.
Aviso- TEDES MAL OS RELOXOS, cando César dixo que levabades hora e cuarto de concerto, so era unha hora a tocar. Revisade o cronómetro.
Crítica- O CONCERTO FOI MOI CURTO. Case non chegou a hora e media cos bises. Para o meu gusto, tería que durar hora e media mais os bises, para así estar case nas dúas horas, e quedar totalmente satisfeita. Iria

O xoves vin o voso concerto en Redondela. A xente saíu animadísima e lanzada a mercar cds e camisetas. Un saúdo e a continuar con outro novo disco que os que tedes xa se nos quedan curtos. Unha aperta. Ana Jácome


Subir