|
UNHA
SEMANIÑA ENTEIRA é o cuarto traballo discográfico
do grupo, continuación dos dous anteriores (Unha noite no muíño,Unha
noite non é nada). Nesta ocasión, incidimos no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega reivindicando, unha vez máis, a transmisión de melodías tradicionais e do noso patrimonio cultural. |
|
Xúntanse dúas concepcións ben arraigadas na música da nosa terra: o canto e a gaita, o ORFEÓN TREIXADURA e TREIXADURA GAITEIROS. A música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós, as novas cantigas que TREIXADURA “peneira no seu tremiñado” configuran o repertorio deste novo traballo. Gravamos UNHA SEMANIÑA ENTEIRA nos estudos A casa de tolos de Gondomar e Edisco na Estrada, a finais de 2005 e principios de 2006, coa axuda dos técnicos de son Segundo Grandío, Pablo Casal e Fernando Campos. |
|
| UNHA
SEMANIÑA ENTEIRA contou coa colaboración de dous
grandes músicos que son, ante todo, grandes amigos nosos.
“Se sobes unha tarde de bo
tempo ao monte Santa Trega, poderás gozar do bo facer musical de
Tino Baz, gaiteiro da Guarda. |
![]() |
|
Foi moi preto de alí, en Camposancos, onde tivemos a sorte de atopármonos en 1999 e dende aquela, TREIXADURA e Tino Baz somos amigos e colaboradores inseparables. Tino formou parte
do ORFEÓN TREIXADURA na súa primeira etapa
e accedeu a gravar con nós UNHA SEMANIÑA ENTEIRA.
Non podemos contar con el nos directos, pero si acudir a algún
dos seus concertos en solitario para abraiarnos e emocionarnos coa súa
música tradicional de gaita, guitarra, percusión, zanfona
e como non, coa súa potente voz. |
|
![]() |
Este é
o repertorio que escollemos para plasmar o encontro musical entre dous grupos
que comparten unha mesma estética musical e que deu lugar á
edición deste traballo. 1. UNHA SEMANIÑA ENTEIRA Rescatada dunha antiga gravación familiar dos CAMPANEIROS, arranxamos esta orixinal composición súa como a nosa sentida homenaxe a un dos máis grandes grupos de gaiteiros da nosa música popular. |
|
2.
FISTERRA A necesidade
de incluír no anterior disco un coro de voces masculinas no tema
A chula de Pontevedra, deu orixe ao Invitámosvos a cantar con
nós e co ORFEÓN TREIXADURA e que sexades
partícipes desta nosa xuntanza musical que agora tamén é
vosa. |
|