|
Un segundo traballo discográfico supón todo un reto para calquera grupo, xa que se trata de asentar o estilo e lugar que éste quere ocupar dentro do panorama musical.No caso de TREIXADURA había unha |
|
dificultade engadida, que era
o cambio de formación sufrido un ano antes da gravación. Así pois, cando
comezamos a pensar nos arranxos do disco, tiñamos claro que o resultado
final do mesmo debería ser identificado plenamente co noso son. O acordeón
incluíuse no grupo seguindo esa liña de traballo. |
|
| XAQUÍN
XESTEIRA: Gaitas en Do e La, tamboril, pandeireta, pandeiro, cunchas e coros. TONIÑO LÓPEZ: Gaita en Re, tamboril, pandeireta, cunchas, voz e coros. |
![]() |
| XAN LÓPEZ: Gaitas en
Do, Re e La, bombo, voz e coros. CÉSAR LONGA: Acordeón, bombo e coros. PAULO NOGUEIRA: Gaitas en Do, Re e La e bombo. Para a confección e deseño da carpeta do disco, unha vez máis, contamos coa colaboración de diversos amigos, algúns dos cales xa tiveran traballado con nós na edición do disco anterior : Delio Domínguez , o muiñeiro, colaborou cantando un fermoso alalá; Secundino Diz, realizando a capa e contracapa do CD; Antón Guisande , fotografando as ideas do grupo e Xan de Arbo, cos textos "Martes Pechado" e "A Noite Sobre O Muíño", desvelou o que quixemos dicir con este traballo. A gravación consta de catorce temas, dous deles de autor: "O pasar por Coruxo" de Enrique Otero Covelo e "Muiñeira do Seixo" de Paulo Nogueira, primeira composición propia que aporta o grupo ó seu repertorio. O resto dos temas pertencen á música tradicional do pais: |
|
![]() |
"Unha noite no Muíño": Inclúe un fermoso alalá que aparece en diversos cancioneiros e parte da "Muiñeira de Umoso", recollida no ASÍ CANTA GALICIA de Daniel González. |
|
"O Melro": Foliada
ben coñecida por terras de Catoira, onde grupos como OS AREEIRAS ou FAÍSCAS
DO XIABRE, adoitaban tocala. |
|