|
Gustavo
Cuntín, baixo É un fan de confeso TREIXADURA e gran amante das tertulias, sobre todo cando estas deveñen en festa. Emana harmonía cando canta e cando fala e ,ás veces, mesmo cando non o fai. |
|
![]() |
Antón
Guisande, baixo Foi sempre un apaixonado da canción e da música, por iso hoxe lles dedica boa parte do seu tempo como compoñente do coro AMADEUS e como afeccionado ao acordeón. |
| Moncho
Marín, baixo Incansable estudoso da nosa música tradicional, fixo abondosos traballos de recollida e participou no grupo PALLAMALLADA. Ata hai ben pouco, formou parte do grupo de música medieval RESONET e hoxe colabora co Museo do Pobo Galego. |
![]() |
![]() |
Ramón
Vázquez “O Chilro” , barítono Formou parte da primeira formación de TREIXADURA ata que decidiu dedicarse profesionalmente á construción de instrumentos tradicionais galegos. Hoxe é un dos máis prestixiosos luthiers de Galiza e gaiteiro, xunto con Xaquín Xesteira, nos FAÍSCAS DE SOLOBEIRA. |
|
Mingos
Lorenzo, barítono Foi compoñente de A RODA, con quen compartiu o gusto daquela xeración pola cantiga popular nas xuntanzas de amigos, das que hoxe continúa a ser incondicional. |
|
![]() |
Xosé
Méndez “Morgan”,
barítono O rei da Algalia de Abaixo, onde rexenta o XA CHEGOU, é un dos pais das estalotadas da rúa de San Pedro (que aledan as noites compostelás), membro fundador de OS ESTALOTES e compoñente de CANTIGAS E AGARIMOS. |
|
Antón
Cabaleiro, tenor Leva toda a vida mergullado na música e na danza tradicionais. Entre outras moitas cousas, foi membro fundador do grupo A RODA, participou noutras formacións coma CASTAÑA, MAREIRA e PETAPOUCO e dirixiu o grupo de danza FROLES MARELIÑAS. |
![]() |
![]() |
Antón
Fontenla, tenor Gaiteiro de Campolameiro, foi un dos fundadores do grupo xa desaparecido QUINTA FEIRA, unha novidosa aposta dentro da música folc galega. |
|
Delio
Domínguez “o camarón da Limia”, tenor Tomou contacto co flamenco na emigración, en Alemaña, e dende aquela esta é a súa maior paixón. Como bo amante das tradicións, tamén o é da nosa música, unha música que o acompaña dende o berce na súa terra, a Limia e na súa aldea, Lampaza. |
![]() |
![]() |
Alberte
Raposo, tenor Comezou a cantar na CORAL DE ARZÚA en 1979. Dende entón, non deixou de participar en toda canta foliada xurdiu e xorde entre Arzúa e Santiago, afección que hoxe compaxina coa súa participación en CANTIGAS E AGARIMOS. |
|
|