Obrigado      O disco foi gravado nos estudios Cormorán (A Picaraña-Padrón), en xaneiro de 1996. Alberto Casas y Xosé M. Tasende se ocuparon do apartado técnico. A producción correu a cargo de Cormorán Produccións e foi distribuído por Discmedi SA. Daquela compoñíamos TREIXADURA: XAN LÓPEZ, ANTÓN LÓPEZ, XAQUÍN XESTEIRA, RAMÓN VAZQUEZ e PAULO NOGUEIRA.
     

     Este traballo conta con doce temas,oito dos cales son tradicionais:     
      "Pasodoble Corrido"
e "Aires de Carnaval/O camiño do Santo Cristo", do repertorio de OS CAMPANEIROS.
     "Polca dos Areeiras / Danza da Cruz": polca recollida dos enxebres AREEIRAS de Catoira e danza de tradición popular, que aínda hoxe se pode ver bailar na bisbarra do Condado.
     "Lembranza do Xestal", tema co que quixemos rendir unha sentida homenaxe a Carlos Díaz "o Xestal", humorista e folclorista que nos deixou en 1993, e que soubo transmitirnos o seu amor e a súa paixón pola cultura popular.
     "Pasodoble de Emilio", aprendido da ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO, que, pola súa parte, o recollera de Emilio Díaz Gutiérrez, gaiteiro daqueles pagos.
     "Alalá de Carballo", popularizado polo coro CANTIGAS E AGARIMOS, con letra de Crisanto Sanmartín Beiroa e música popular gardada na memoria de Xesús San Luis Romero, outro dos personaxes salientables do noso folclore.
     "Foliada do San Amaro", aprendida do xa desaparecido grupo MILLO VERDE de Aldán.
     "Muiñeira de Oliveira", recollida en terras de Ponteareas por Maximino Souto e Angie Dopazo.
     "Airiños, Aires", rapsodia do compositor e director Gustavo Freire. Está composta de temas populares, sendo el quen os dispuxo para ser interpretados por banda de música. Nós, como é lóxico, fixemos a nosa propia adaptación para grupo de gaitas.

       Os tres temas restantes son de autor:
     "Foliada da Cantiga Mareira"
, incluída na "Fantasía de Cantiga Mareira" composta por Ramón González Enríquez durante a súa etapa como director do coro CANTIGAS DA TERRA.
      "Marcha Nupcial", obra de Nando Casal, gaiteiro do grupo MILLADOIRO.
     "Muiñeira do Piñeiro", de Rafael Fernández, gaiteiro de Aldán (Cangas do Morrazo) que, na actualidade, reside en Cataluña. (É fillo do "señor José", gaiteiro do Piñeiro).

     En "Obrigado" contamos ca colaboración de numerosos amigos:
      Delio Domínguez, quen, dende os nosos comenzos, nos deixou o muíño para os ensaios dos martes. (Podedes velo como "cantaor" de
Colaboradores
flamenco acompañando ó guitarrista galego Cuchús Pimentel).
      Antón Guisande, autor das fotografías, gran amigo e "fotógrafo oficial" do grupo.
      Secundino Diz, extraordinario pintor e creador do anagrama que, durante os primeiros tempos, acompañou a TREIXADURA.
      Dolores Fernández, autora do debuxo de "o Xestal" que figura no disco e asidua siareira do grupo.
     Xabier e Afonso "Pindoulos", compoñentes do "Colectivo Poético Pindoulo", que no seu texto, "Obrigado", expuxeron a que ben poderíamos considerar como a declaración de principios de TREIXADURA.
     DONICELAS, grupo de pandereteiras que aportou a súa voz á "Muiñeira de Oliveira", dándolle o encanto especial e a frescura que estas mozas transmiten en cada unha das súas actuacións.


Obrigado O título do disco fai clara referencia ó que pretendíamos que fora: un aceno de agradecemento a cantos nos antecederon no ámbito da música popular, pois a eles debe TREIXADURA a súa existencia.Por outro lado,consideramos tamén que é a nosa obriga
algunha testemuña que sirva de referente para todos aqueles que, nun futuro máis ou menos próximo, pretendan seguir avanzando no camiño da música tradicional galega.

Volver