|
|
OS GARCEIRAS son o sabor dos "gaiteiros da montaña", xentes da Galiza do interior cun xeito peculiar de interpretar e tan diferente aos gaiteiros das Rías Baixas. Para nós, e para todos os que viven o mundo da gaita, son "os gaiteiros de Melide". |
|
Co seu característico estilo recrearon non só a música popular do seu contorno senón tamén as melodías dunha chea de compositores galegos. Crearon escola entre a nova xeración de gaiteiros, Froito Novo de Melide, que naceu ao seu carón e aos que souberon transmitir con elegancia o sabor enxebre que se agocha na nosa música tradicional. Nunca cansaremos de dicir que Treixadura existe porque gaiteiros coma eles sementaron en nós o amor pola terra e a tradición. Se algunha vez te sorprendes tocando o Pasodobre de Lalín, a Marchiña, Terra de panadeiros ou Pinceladas de Galicia, debes saber que estás diante do repertorio destes grandes GARCEIRAS de Melide. |
|