![]() |
No
ano 1999 Fernando asumiu o posto de técnico de son de TREIXADURA,
función que antes fora desempeñada por Luis Alonso. A nosa relación con
el comezou en xaneiro dese mesmo ano, cando se ocupou das misturas de
"Unha Noite No Muíño" en Edisco, estudio que actualmente
dirixe na Estrada. |
| Ademais de un amigo, Fernando é un gran profesional. En moitas ocasións nos ten demostrado a súa asombrosa capacidade para poñer en marcha calquera tipo de equipo de son. Por iso, ademais de sonorizar os concertos, é o encargado da elección do material que imos usar en cada lugar en función das características do auditorio, dirixindo persoalmente a montaxe do equipo. | |
| Actualmente
contamos con el para que se ocupe de tódolos aspectos que teñen que ver
co son, tanto en directo como en estudio. Como esbozo do seu curriculum hai que dicir que ademais de dominar o estudio de gravación,Fernando toca diferentes instrumentos, traballa como arranxista para varios grupos, |
![]() |
| ten realizado sintonías
para programas de radio e diferentes músicas para a TVG. En Edisco, ademais
de traballar como técnico, fai labores de producción para diferentes compañías
discográficas, tanto de Galicia como do resto do estado. Fernando Campos. Tlfno: 609 620 503 / fernando.cps@wanadoo.es |
|