Obrigado "Obrigado" (1996) supuxo a estrea do grupo no mercado discográfico. O traballo foi ideado como unha homenaxe persoal ó mundo da gaita, incorporando como novidade a voz nalgúns dos temas do disco. Para esto último, ademáis das nosas voces, contamos coa colaboración dun grupo de pandereteiras, DONICELAS de Salceda de Caselas.
Cormorán Produccións. Dicmedi.
"Foliada da cantiga mareira"
"Muiñeira de Oliveira"


"Unha noite no muiño", segundo traballo do grupo, supón un paso adiante na estética musical de TREIXADURA. A incorporación do acordeón e a maior presencia da voz no disco son dous elementos fundamentais para
entende-lo novo son do grupo, co que se recrean os ritmos máis populares da nosa música.
Unha noite no muiño
  Edicións do Cumio. 1999.
"O melro"
"Pasodoble de San Roque"


Unha noite non é nada
"Unha noite non é nada", completa a serie sobre a copla popular iniciada na anterior gravación. No tocante ó repertorio do disco, éste ofrece música popular galega recollida dos máis variados ámbitos musicales: cantigas tradicionais, gaiteiros solistas, corais, etc.
O inconfundible estilo do grupo déixase notar neste traballo que aporta,de novo,
frescura, orixinalidade e paixón a través da nosa particular forma de ver a música galega.
Edicións do Cumio. 2003.
  "Foliada da mazá"
"Aires da terra"

   Decididos a completar a copla, UNHA SEMANIÑA ENTEIRA é un traballo compartido co ORFEÓN TREIXADURA, onde o repertorio vocal cobra especial importancia.
   A música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon á gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis prenden en nós
Unha semaniña enteira

e as novas cantigas que TREIXADURA “peneira no seu tremiñado” configuran o repertorio desta nova entrega discográfica.
   Todo isto e algunha sorpresa máis, é o que poderedes atopar en UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

"Fisterra"
"Muiñeira de Santo Amaro"


Subir