OBRIGADO
supuxo
a estrea do grupo no mercado discográfico. O traballo foi ideado como unha homenaxe
persoal ó mundo da gaita, incorporando como novidade a voz nalgúns dos temas
do disco. Para esto último, ademáis das nosas voces, contamos coa colaboración
dun grupo de pandereteiras, DONICELAS de Salceda de Caselas.
Cormorán
Produccións. 1996
UNHA
NOITE NO MUIÑO,
segundo traballo do grupo, supón un paso adiante na estética musical de TREIXADURA.
A incorporación do acordeón e a maior presencia da voz no disco son dous
elementos fundamentais para entende-lo novo son do grupo, co que se recrean
os ritmos máis populares da nosa música.
Edicións do Cumio. 1999
UNHA
NOITE NON É NADA,
completa a
serie sobre a copla popular iniciada na anterior gravación. No tocante
ó repertorio do disco, éste ofrece música popular galega
recollida dos máis variados ámbitos musicales: cantigas tradicionais,
gaiteiros solistas, etc. O inconfundible estilo do grupo déixase notar
neste traballo que aporta,de novo, frescura e orixinalidade a través
da nosa particular forma de ver a música galega.
Edicións
do Cumio. 2003
Decididos
a completar a copla, UNHA
SEMANIÑA ENTEIRA é
un traballo compartido co ORFEÓN TREIXADURA,
onde o repertorio vocal cobra especial importancia. A música tradicional
salvagardada polos coros decanos galegos, as cantigas populares que arrouparon
á gaita no século pasado, as melodías de gaita que máis
prenden en nós e as novas cantigas que TREIXADURA
peneira no seu tremiñado configuran o repertorio desta nova entrega discográfica.
PAI
música . 2006
![]()