| A idea inicial, os primeiros anos, os concertos, as marchas e as novas incorporacións, os discos, o momento actual, o pasado e o presente de máis de dez anos de música galega | |
| Máis alá da enseada de San Simón, sobre os escoadoiros do río Alvedosa, en Redondela, hai un vello muíño reconvertido en santuario de viños e manxares.Alí, no mes de xullo de 1990, catro gaiteiros decidiron escomenzar unha nova andaina na súa carreira musical. | ![]() |
|
Estes
gaiteiros foron ANTÓN
e XAN
LÓPEZ, que proviñan dun grupo de gaiteiros chamado PASENIÑO, e XAQUÍN
XESTEIRA e XABIER MARTÍNEZ, que remataban unha etapa na BANDA DE GAITAS
DE VILANOVA DE AROUSA. |
|
![]() |
No ano 1995, PABLO NOGUEIRA substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis tarde, TREIXADURA entra no mercado discográfico cun CD titulado "Obrigado", un traballo de recoñecemento e agradecemento ó labor feito polos vellos grupos de gaiteiros que nos precederon. |
| Cumpríase deste xeito un obxectivo que para o grupo foi sempre unha referencia: "Misturar temas sobradamente coñecidos da música galega con outros que se tenta rescatar do anonimato, para dalos a coñecer con toda a forza e frescura características da nosa música". | |
| En
1998, Ramón Vázquez decidiu abandoar o grupo para adicarse profesionalmente
á construcción de gaitas e instrumentos de percusión galega. Deixou un baleiro
que o grupo encheu coa chegada do acordeonista CÉSAR
LONGA. Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA GAITEIROS. |
![]() |
| Abríuse,
así, unha nova etapa que deu como froito un novo CD, gravado en 1999, que
foi titulado "Unha Noite No Muíño". A presentación deste traballo levou a música de TREIXADURA ás principais vilas e cidades de Galiza, así como a diversos países do estranxeiro. No ano 2000, a amistade de TREIXADURA con RODRIGO ROMANÍ deu lugar á colaboración do grupo en "Albeida", primeiro disco do ex-membro de MILLADOIRO. O grupo acompañou durante ese ano ó músico galego na xira de presentación do citado traballo. |
|
![]() |
Froito desa experiencia foi a idea de fundir o bo gusto de ROMANÍ co repertorio que o grupo estaba preparando para un novo proxecto.O resultado final foi "Unha Noite non é Nada", un traballo do que estamos moi orgullosos.. |
| TREIXADURA GAITEIROS é, hoxe, un espectáculo musical que envolve ó público en sons e imaxes ante os que un non deixa de sorprenderse. Valses, muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa tradición van sendo debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular como na festa ou evento máis urbán. | |
DISCOGRAFÍA
|
OBRIGADO. Discmedi, 1996 Homenaxe de TREIXADURA aos gaiteiros que lles precederon, coa incorporación de cantigas cantadas e a colaboración do grupo DONICELAS, de Salceda de Caselas. |
|
UNHA NOITE NO MUIÑO. Ed. Do Cumio, 1999 Aquí comeza a copla popular que deu orixe tamén aos dous discos seguintes. A incorporación do acordeón e a maior presenza da voz, son dous elementos fundamentais no novo son do grupo, que segue a recrear os ritmos máis populares da nosa música. |
|
UNHA NOITE
NON É NADA. Ed. Do Cumio, 2003 Segundo verso da copla popular que continúa a tendencia do disco anterior: repertorio aprendido de gaiteiros e coros, cantigas populares e composicións propias que non se afastan do sabor tradicional. Neste momento nace o ORFEÓN TREIXADURA, que engade ao estilo de TREIXADURA a forza das súas voces. |
|
UNHA SEMANIÑA
ENTEIRA . Pai Música, 2006 |
COLABORACIÓNS
|
ALBEIDA.
Do Fol, 2000 |
|
SON DE
AQUÍ. Autoproducción sen edición, 2000 |
|
QUE NUNCA
FOI ABALADA . Edisco, 2005 |