Morgan

In Memoriam
1959 - 2010


AO NOSO COMPAÑEIRO XOSÉ L. MÉNDEZ  “MORGAN” 

Ata aquí chegou a noite,
ata aquí cantou a lúa,
fomos chaira alumeada
nos teus beizos de dozura

ADEUS, ADEUS,
QUE BEN CHE ESPERA OUTRO MENCER

Percuramos atoparte,
tesnos cerne, tesnos vida
luces soños e esperanza
corazóns en harmonía.

Nunca, nunca esqueceremos
a quen nos deu o alento,
cara cantar cada intre
todo o que nos sae de dentro.

ADEUS, ADEUS,
QUE BEN CHE ESPERA OUTRO MENCER

Tino Baz



Benvidos, TREIXADURA atópase mesturando ingredientes, sabores, amasando, peneirando, deixando fermentar e macerar o que será ESTA SI QUE É MUIÑADA, o seu vindeiro traballo discográfico.

Nesta nova entrega musical, contaremos coa presenza do ORFEÓN TREIXADURA, un dos grupos vocais galegos con máis personalidade que, co seu xeito de reinterpretar a nosa música tradicional, proporcionarán ó disco un xenuino sabor galego.



Estreamos páxina en MY SPACE

Método de gaita galega  por Xaquín Xesteira

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA DE AROUSA  xa á venta

Novas partituras dentro de Cancioneiro