UNHA NOITE NO MUIÑO
Unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa si que é muiñada.
O MELRO
O melro e maila melra
iban polo prado abaixo
o melro como era pillo
meteu a melra debaixo.
O melro e maila melra
iban polo campo arriba
o melro como era pillo
botoulle a pata por riba.
San Antonio de Catoira
casamenteiro das vellas
¿por qué non casas ás novas?
¿qué mal che fixeron elas?
Aí vos vai a despedida
aí vos vai a derradeira
acabouse o chiculate
rompeu a chiculateira.
VINDE RAPAZAS
Tódolos que cantan ben
teñen posto no muíño
e os que non saben cantar
miran por un buraquiño.
Fun ó muíño de abaixo
e voltei polo de riba
o de abaixo ten ferrollo
e o de riba caravilla.
Anque che fun ó muíño
anque che fun muiñar
anque che fun ó muiño
non teño pan que che dar.
Non quero ser muiñeiro
nin barre-lo tremiñado
porque din que noutro mundo
piden contas do roubado.
A muiñeira moe, moe
a muiñeira moerá
a muiñeira está de parto
a muiñeira parirá
Vinde rapaza todiñas chegai
e vamos ó adro pra loucos bailar
porque hoxe é a festa, ruada haberá
pois évos un día de moito troular.
ESTA NOITE
Esta noite hei de ir aló
terá-lo puxigo aberto
que si cho atopo pechado
o teu querer non é certo.
E si é certo o teu querer
rapaza non teñas medo
déixame o puxigo aberto
que heime de marchar cedo.
SAN FINS DO CASTRO
Pensa miña nai que estou
pescando na carballeria,
estou no San Fins do Castro
bailando unha muiñeira
A miña nai porque puido
fixo unha casa na illa,
para ver ós de Neaño
como pescan a sardiña
O cura de Corme é xastre
malpicano e mariñeiro
ó de Pazos labrador
e o de Cesullas gaiteiro.
TERRA DE MONTES
Viva Barro, viva Barro
viva Barriño de Arén
viva Barro, viva Barro,
viva Meilide tamén
Moreniña por morena
téñoche o ollo botado
has de ser miña muller
ou non hei de ser casado
Miña monteira garrida
miña monteira garrida
moito me tes encuberto
alá por Soutelo arriba
Os solteiros valen ouro
os casados valen prata
os viúvos calderilla
e os vellos folla de lata.