FOLIADA DA CANTIGA MAREIRA
Cantiga que ves
do mare
cantiga do mariñeiro
como me sinto alagare
no teu recendo mareiro
Cantiga que ves
do mare
con arrecendo mareiro
coida no seu marexare
do pesco, meu gaioleiro.
Teño no mar meu
amado
teño no mar meu amore
como un corazón gabado
por un pesco gabadore
Cando vai rompe-lo
día
cando o día vai rompere
torna a lancha pra a baía
coas cántigas dun querere
ALALÁ DE CARBALLO
Para cantar e bailar
Bergantiños sona ten
Para colleitar bon trigo
Carballo coma ninguén.
Eu nascín en Coristanco
en Razo amores tomei
Casei logo logo en Ardaña,
e en Noicela enviudei.
LEMBRANZA DO
XESTAL
rosiña andaba descalza
¡ai Rosiña!
Rosiña porque quería,
Que a casa do zapateiro, ¡ai Rosiña!
rosiña ben a sabía
Rosiña, rosiña,
Rosa ¡ai Rosiña!
Rosiña, rosa encarnada,
tarde te deitas chorosa ¡ai Rosiña!
érgueste sempre á alborada.
FOLIADA DO SAN
AMARO
En aldán hai unha
ermida
no barrio do Menduiña
a ermida é do San Amaro
e máis da Santa Mariña.
Meu santiño San
Amaro
¿a cántos é o seu día?
é o 15 de Xaneiro ¡ai!,
que linda romaría!
Meu santiño San
Amaro
vestidiño de amarelo
na aldea de Menduiña
non hai outro cabaleiro.
Meu santiño San
Amaro
ten a muller bonitiña
e pra que non lla levaran
púxolle unha campaniña.
No adro do San
Amaro
chantei un oso nun pé
eu chamei por San Amaro
e faloume San Xosé.
Sempre me andas
preguntando
a que romaría voue
veño de Santa Mariña
e pra San Amaro voue.
MUIÑEIRA DE OLIVEIRA
Teño un amor que
me ama
outro que me dá diñeiro
outro que me desengaña
ese é o verdadeiro.
O muíño de Oliveria
heino de mandar pechare
con caravixas de prata
heino de acaravixare.
Teño unha silva
na porta,
nin me pica nin me prende,
teño unha mala veciña
que sin diñeiro me vende.
A perdiz anda no
monte
o perdigón no valado
a perdiz anda dicindo
vente pra aquí namorado