A CHULA DE PONTEVEDRA
Non che canto por cantare,
Nin por ganas que che eu teña,
Canto por dar alegría
A un corazón que ten pena.
Quen me dera, quen me dera,
Que non costara nada,
Unha neniña bonita,
Coloradiña da cara.
Para boas mozas Mourente,
Garridas as de Estribela,
Bonitas as de Salcedo,
E a palma está en Pontevedra.
Sempre te atopo lavando
No río Lérez lixeiro,
Quen me dera se-la iauga
Onde te lavas primeiro.
Vállame San Miquiquí
E o canciño de San Roque,
A virxe da Peregrina
E o canciño de San Roque.
Ai! Maruxiña non vaias
á herba,
Porque ven o vento e toda cha leva,
E toda cha leva e lévacha toda,
Ai! Maruxiña non vaias á herba.
A MAZÁ GARDADA
Teño unha mazá
gardada,
Que ma deu un carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
E aínda non perdeu o cheiro
Esta noite hei de ir á
fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.
Se queres ir vai bailare,
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa.
Teño unha mazá gardada,
Que ma deu un carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
E aínda non perdeu o cheiro
Esta noite hei de ir á
fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.
Se queres ir vai bailare,
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa.
Agora non canto máis
Que se me acabou a gracia,
Aquela pouca que tiña
Deixeina quedar na casa.
As de alá de arriba cando
van co gando,
Espetan a vara e bailan o tango,
E bailan o tango e máis a muiñeira,
Ás de alá de arriba non hai quen as queira.
PANDEIRETADA
Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.
Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.
Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.
A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres
Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.
Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.
Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.
A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres.