UNHA SEMANIÑA ENTEIRA

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira...

FISTERRA

Fisterra vai na proa
Camariñas vai no mar’e,
Santa Uxía de Ribeira
Poboa do Caramiñal’e.

Eu tamén choro,
eu tamén choro,
cando non me alumean, meu ben
eses teus ollos.

Se queres que brille a lúa
pecha os ollos meu amor’e,
que mentra-los tes abertos
a lúa pensa que hai sol’e.

Eu tamén choro...

Para sardiñas Aguiño
para bolos Castiñeiras,
para rapazas bonitas
Santa Uxía de Ribeira.

Eu tamén choro...

FOLIADA DE SARELA

Funme deitar a durmir’e
ao pe da i-auga que corre,
a i-auga foime dicindo
quen ten amores non dorme.

Quen ten amores non dorme
quen non os ten adormece,
quen os ten lonxanos chora,
quen os ten preto padece.

Teño carta no correo
e non sei que me traerá,
se me traerá o consolo
ou me desconsolará.

Quen ten amores non dorme...

O que nunca estivo lonxe
non sabe o que é padecer’e,
de lonxe as penas aumentan
para quen sabe querer’e.

Quen ten amores non dorme...

MUIÑEIRA DO SANTO AMARO

Señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei,
pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei.

Moza bonita no mundo
non debera de nacer,
porque fai como a mazá
todos a queren comer.

Ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén,
deixarei pra cando morra
pensar no que me convén.

Por dicir ¡Viva San Roque!
prenderon o meu irmán,
agora que o soltaron
¡Viva San Roque e o Can!

SE CHOVE

Eí vén o vento do mar’e
eí vén o vento mareiro,
eí vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro..

Se chove, deixa chover’e,
se orballa deixa orballar’e,
por máis que chova e vente
de ti non me hei de apartar’e

Pasei pola ponte abaixo
vin saltar unha sardiña
mariñeiros ide ao mare
e botádelle a traíña.

Se chove, deixa chover’e...

Indo polo mar abaixo
perdín a miña navalla,
rema mariñeiro rema
que alá no mar me quedaba.

Se chove, deixa chover’e,

O que navega de noite
ha tropezar nos penedos,
eu que ando polo día
tropezo nos teus enredos

ESTRELIÑA DO LUCEIRO / MIÑAS CUNCHAS

Estreliña do luceiro
quen ten amores non durme,
quen ten amores non durme
senón o soño primeiro.

alumea, alumea
estreliña da negrura
alumea, alumea
mentras non se pon a lúa.

Miñas cunchas, miñas cunchas
de cor anacarado,
soade ben pra que chegue
o meu amor de contado.
Ai la lelo, ai la lelo,
Ai la lelo, ai la lala.

Eu soio quero que ti me deixes
cunchas pra repinicar
e que nos días de festa
saian todos a bailar.

Teño unha dorna fermosa
pequeniña e tan lixeira,
que dá xenio cando vén
ateigada de vieira.
Ai la lelo, ai la lelo,
Ai la lelo, ai la lala.

Eu soio quero que ti me deixes

Mariñeiro que na dorna
vas o marisco a buscar’e,
pídelle á Virxen te salve
dalgún peligro do mar’e.
Ai la lelo, ai la lelo,
Ai la lelo, ai la lala.

Eu soio quero que ti me deixes

CHULA DA GUÍA

Nosa señora da Guía
guía os homes do mar’e.
Veña ver a barca a vela
que se vai deitar no mar’e.
Nosa señora vai dentro
e os anxiños a remar’e.

Nosa señora da Guía
a guía dos mariñeiros,
guíeme a miña cuadrilla
toda de mozos solteiros.

Teño máis de mil amigos
aquí non me sinto só,
cantarei ao desafío
ninguén teña de min dor.

Na i-alma se me cravou
a espiña do teu querer,
anque afellas me deixaron
soio para padecer,
neste mundo si hei vivir’e
outro amor non hei de ter.

Quen non viu cantar un vello
non sabe o que é cantar’e.

CANTIGA DA VENDIMA

Vendimai vendimadores
da vendima do meu pai’e,
o viño vai na cabaza
e o pan na cestiña vai’e.

Ai la, ailalalá lalá la,
Ai la, ailalalá lalá,
Ai la, ailalalá lalá,
Ai lalalá, ai lalá la la.

Anduvécheste alabando
que me morría por ti,
que me morro non é certo
pero que te quero si.

Ai la, ailalalá lalá la,

Cortade uvas rapaciños
acabar pronto a tarea,
que despois temos ruada
e queremos ir a ela.

Ai la, ailalalá lalá la,

A HERBA DA ILLA DE SAN SIMÓN

Fun tocar a San Simón,
fun tocar nunha lanchiña,
non me deixaron pisar’e
a herba daquela illa.

Mariñeiro de auga doce
e tamén d’auga salgada,
lévame a San Simón
e de San Simón á Habana.

Unha noite me levaron
a San Simón cunha nena,
meu corazón veu chorando
por ser a noite pequena.

Agora que vén o vran
tamén vén a primavera,
tamén vén a regalía
pr’os gadañeiros da herba.
Ai lalara lalá, ai laralá lalá,
Ai lara lara lalá,
Ai lalara, lalara, la lá...

O cura de San Simón
non ten camisa lavada,
o señor cura de Arcade
vintecinco na colada.

Agora que ven o vran...

ANSUÍÑA/MIÑAS COUSAS

Teño unha galiña branca
que me veu de Redondela,
da miña comadre o galo
non me veña dar con ela.

Ai la la, ai la la,
ai la la, lará lalá lalá lalá.

Teño de ver o meu liño
que me dá pola cintura,
non sei si é liño, si é herba
bagalla non ten ningunha.

Ai la la, ai la la...

Unha pera dúas peras
non tiña máis a pereira,
unha será para o xastre
outra para a costureira.

Ai la la, ai la la....


Volver