| Se
estás interesado en aprender ou divulgar a música recopilada nos nosos discos,
esta sección da nosa web facilitarache o traballo. Trátase dun cancioneiro
que contén as partituras das melodías que se escoitan en "Obrigado"
, "Unha noite no muiño", "Unha noite non
e nada" e o novo disco "Unha semaniña enteira". As partituras están gardadas en formato PDF, polo que podes imprimilas ou velas co Adobe Acrobat reader pero necesitas instalar a fonte Anastasia no teu ordenador. Aquí a tes, so tes que descomprimila porque está en formato ZIP e gardala en C: na carpeta "Fonts" dentro de Windows |
||
| "Pasodobre
Corrido": Con este tema presentábase TREIXADURA ó seu
público nos concertos dos primeiros anos, e con el quixemos comezar o noso
primeiro disco. Pertenceu ó repertorio dos gaiteiros OS CAMPANEIROS. |
![]() |
|
|
"Airiños
Aires": Rapsodia galega de Gustavo
Freire. "Lembranza
do Xestal (I) / Lembranza
do Xestal (II)": Este tema adicámosllo á memoria de Carlos
"o Xestal", home bo e xeneroso, que, ó tempo que nos divertiu, aprendeunos
moito da nosa cultura popular. Humorista, cantor, creador de varios
grupos de gaiteiros, débeselle, en boa parte, a recuperación da "Marcha
do Antigo Reino de Galicia". "Pasodoble
de Emilio": Máis alá das nosas fronteiras administrativas,
no Bierzo galego, a ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA ten realizado un
traballo de recollida do saber e tocar dos gaiteiros desa zona. Unha
mostra é este pasodoble recollido pola citada escola ó gaiteiro Emilio
Díaz Gutiérrez. "Alalá
de Carballo": Música recollida por Xesús San Luis Romero
e letra de Crisanto Sanmartín. É un tema que conserva a forma característica
dos alalás interpretados polos coros galegos (alalá-muiñeira-alalá).
Esta é a nosa versión. "Muiñeira
do Piñeiro": Dende TREIXADURA apostamos polas melodías
de composición baseadas nos xiros e cadencias populares da nosa música.
Esta "Muiñeira do Piñeiro" é un exemplo. Está composta por Rafael
Fernández, fillo do gaiteiro José de Aldán. "Aires
de Carnaval/O
Camiño do Santo Cristo": Tamén do repertorio de OS CAMPANEIROS,
escollemos este "pedazo de xota", de aire picado e moi floreada , que
conserva no seu interior todo o sabor e a enxebreza do repertorio dos
gaiteiros das Rías Baixas. Unímola cunha muiñeira do mesmo grupo. "Foliada
do San Amaro": O grupo MILLO VERDE de Aldán (Cangas) popularizou
este tema na romaría que alí se celebra o día 15 de Xaneiro. "Muiñeira
de Oliveira": Tema tradicional recollido en Santiago de
Oliveira (Ponteareas), por Maximino Souto a Angie Dopazo. Contamos para
a súa interpretación coa colaboración de AS DONICELAS. |
||
![]() |
"Unha
noite no Muíño":
Alalá e muiñeira populares cos que da comenzo o segundo traballo dos GAITEIROS
TREIXADURA.
|
|
"O
Melro": Foliada ben coñecida por terras de Catoira, onde grupos
como OS AREEIRAS ou FAÍSCAS DO XIABRE, adoitaban tocala. "Ó
pasar por Coruxo": Pasodoble composto por Enrique Otero Covelo,
co que o seu grupo, OS CRUCEIROS, despedía o verán polas praias de Vigo
e Coruxo. "Xota
de Xosé": Xota de corte tradicional pertencente ó repertorio
de OS MONTES, de Lugo. "Vinde
rapazas (I) / Vinde
rapazas (II)": Son duas muiñeiras do repertorio do coro AIRES
DA TERRA, de Pontevedra, dirixido por Perfecto Feijóo. A segunda delas
foi aprendida dun famoso gaiteiro de Cangas chamado "o Choqueiro". "Esta noite (Alalá de Meira)":
Particular interpretación deste alalá que figura nos arquivos do coro
CÁNTIGAS DA TERRA como "Alalá de Meira". "Marchas
Procesionais (I)/Marchas Procesionais
(II)": Dúas marchas de procesión recompiladas no seu día por
Casto Sampedro como orixinarias de Xeve e Pontevedra. "San Fins do Castro": Foliada que se canta na parroquia de Cesullas (Cabana). Fai referencia á romaría do San Fins do Castro, célebre polo "berro seco" instaurado polo crego don Saturnino Cuíñas. "Pasodoble
de San Roque": Con este pasodoble adoitaban facer a súa entrada
no recinto da romaría de San Roque, en Vigo, os gaiteiros OS MORENOS DE
LAVADORES. Foi moi popularizado por tódolos grupos da bisbarra e, de forma
sobranceira, polos irmáns Portela. "Terra
de Montes": Tema coñecido con diversos títulos ("Foliada
de Soutelo", "Foliada de San Andrés de Teixido", "Foliada de Barro de
Arén") que polos lugares que cita, Barro, Arén e Meilide no concello
de Cerdedo e Soutelo no de Forcarei, nos leva a Terra de Montes. "Muiñeira do Seixo": Esta é a aportación de TREIXADURA ó repertorio de música para gaita."Seixos" hai moitos por todo o país. Éste, en concreto, fai referencia ó da parroquia de Marín. "Polca dos Matos": Tema popularizado polo grupo da Coruña OS MATOS. Outro excelente gaiteiro coruñés, Ricardo Santos, a quen hai que agradecer o seu interés e traballo en prol da música tradicional, colaborou na súa divulgación. |
|
|
"A
chula de Pontevedra" (I) - "A
chula de Pontevedra" (II)
(Tradicional), 8´11 : Colección de temas tradicionais galegos extraídos da zarzuela "La Chula de Pontevedra" de Paradas-Jiménez-Luna-Bru, publicada o 27 de febreiro de 1928. |
|
|
"Cacería
en Do Maior"
(I)- "Cacería
en Do Maior"
(II)(Mazurcas) "A
Mazá Gardada" "Aires
da terra" "Xiada" "Os
amigos" "Pandeiretada"(I)
- Pandeiretada"(II) "Melide" "Xota
vella" |
|
|
"Unha
semaniña enteira" Música: Os Campaneiros de Vilagarcía Letra: Tradicional Muiñeira Rescatada dunha antiga gravación familiar dos Campaneiros, arranxamos esta orixinal composición súa como a nosa sentida homenaxe a un dos máis grandesgrupos de gaiteirosda nosa música popular |
|
|
"Fisterra" Unha corrente de auga apaixonada,
desexada, esperada no tempo e na distancia…Sarela "Muiñeira
do Santo Amaro" No ano 1999, Treixadura coñeceu
a Tino Baz na romaría do Santo Amaro (Camposancos - A Guarda).
Sirva esta melodía para selar unha amizade chea de momentos inesquecibles
que perdura no tempo "Se
chove " Os Encantiños do Umia é
un veterano grupo de gaiteiros de Godos (Caldas de Reis). Do seu fecundo
repertorio, arranxamos esta polca que aparece precedida, co permiso dos
mestres, dunhas atrevidas variacións da melodía no acordeón "Estreliña do luceiro"
- "Miñas
Cunchas" Tino Baz e Mingos Lorenzo recrean
un fermoso alalá que serve de preludio para unha cantiga que formou
parte do repertorio dun dos coros decanos da música galega: Cantigas
e Agarimos "Chula
da Guía" - "Mariñas
de Betanzos" Nosa Señora da Guía
e Chula da Póvoa son os nomes cos que se coñece esta melodía
en Galiza e Portugal. Máis alá das liñas trazadas
nos mapas, esta melodía lémbranos a inmensa cultura popular
que compartimos co país veciño. A segunda melodía,
Mariñas de Betanzos aparece recollida en Cantos e Bailes de Galiza
de José Inzenga "Cantiga
da vendima" O estremeño Manuel García
Matos publicou en 1960 unha recollida de campo na que figura este tema.
Pertence a unha serie de melodías que coa súa interpretación
facían máis levadeiros os traballos agrícolas "A
herba da Illa de San Simon" "Ansuiña"
- "Miñas
cousas" Ansuíña, illote de
Vilanova de Arousa (Pontevedra), é o nome dun grupo de gaiteiros
desta vila en que, dende hai anos, milita con entusiasmo o compositor
da muiñeira. Miñas Cousas é a nosa versión
deste tema popularizado polo Coro Cantigas da Terra e que chegou a nós
a través de Ricardo Santos |
|