O nome de GARCEIRAS venlles por onde foron nados, lugar do mesmo nome da parroquia de Santa María de Os Ànxeles, Concello de Melide.Os pais dos irmáns Mato-Varela, a Sra Ermitas e o Sr. Cándido, tiveron oito fillos, seis varóns e dúas mulleres.
Foto recente do grupo

    No ano 1934 Gabriel Mato Varela (alma máter deste grupo) cos seus irmáns Arturo e Suso comezaron a dar as súas primeiras notas nuns vellos punteiros. Mais tarde no ano 1938 sumáronselles outros tres irmáns: Ramón, Xosé e Emilio co que quedou constituído o grupo "IRMÁNS GARCEIRAS".

    Dende o ano 1944 os contratos sucedíanse con periódicafrecuencia, ata os primeiros anos dos cincuenta en que, por mor do traballo e a emigración, o grupo contou con músicos coma: Manuel Rúa, Xesús González, Santiago Cea, Enrique dos Ánxeles, Antonio e Cándido Blanco, Xosé de "Martiño", Antonio "Silvela", Luis e Moncho Mato (fillos de Suso),Enrique "O Rubio" e Eduardo Costolla.

    Debido a calidade interpretativa que foron acadando, xunto cunha perfecta afinación e o renome que xa tiñan fóronse presentando ós diversos concursos de gaiteiros que se organizaban nas principais cidades galegas acadando sempre os primeiros premios e distintos galardóns.

    No ano 1968 gravaron un disco de longa duración que tivo un grande éxito e foi reeditado sucesivas veces en casetes.
Rey de Viana, nos albores de "Ballet Galego" contou coa colaboración dos Garceiras.