Benvidos, TREIXADURA GAITEIROS presenta novo disco, UNHA SEMANIÑA ENTEIRA, continuador dos discos unha noite no muíño (2001) e unha noite non é nada (2003).
   

    Para TREIXADURA GAITEIROS, UNHA SEMANIÑA ENTEIRA significa a posibilidade de materializar un dos proxectos máis ansiados polo grupo e que só puidemos levar a porto cando xurdiu a posibilidade de traballar conxuntamente   co noso querido ORFEÓN TREIXADURA.

Agardamos que o saboreedes tanto coma nós.