FOLIADA DA CANTIGA MAREIRA

Cantiga que ves do mare
cantiga do mariñeiro
como me sinto alagare
no teu recendo mareiro

Cantiga que ves do mare
con arrecendo mareiro
coida no seu marexare
do pesco, meu gaioleiro.

Teño no mar meu amado teño no mar meu amore como un corazón gabado por un pesco gabadore Cando vai rompe-lo día cando o día vai rompere torna a lancha pra a baía coas cántigas dun querere ALALÁ DE CARBALLO Para cantar e bailar Bergantiños sona ten Para colleitar bon trigo Carballo coma ninguén. Eu nascín en Coristanco en Razo amores tomei Casei logo logo en Ardaña, e en Noicela enviudei. LEMBRANZA DO XESTAL rosiña andaba descalza ¡ai Rosiña! Rosiña porque quería, Que a casa do zapateiro, ¡ai Rosiña! rosiña ben a sabía Rosiña, rosiña, Rosa ¡ai Rosiña! Rosiña, rosa encarnada, tarde te deitas chorosa ¡ai Rosiña! érgueste sempre á alborada. FOLIADA DO SAN AMARO En aldán hai unha ermida no barrio do Menduiña a ermida é do San Amaro e máis da Santa Mariña. Meu santiño San Amaro ¿a cántos é o seu día? é o 15 de Xaneiro ¡ai!, que linda romaría! Meu santiño San Amaro vestidiño de amarelo na aldea de Menduiña non hai outro cabaleiro. Meu santiño San Amaro ten a muller bonitiña e pra que non lla levaran púxolle unha campaniña. No adro do San Amaro chantei un oso nun pé eu chamei por San Amaro e faloume San Xoseé. Sempre me andas preguntando a que romaría voue veño de Santa Mariña e pra San Amaro voue. MUIÑEIRA DE OLIVEIRA Teño un amor que me ama outro que me dá diñeiro outro que me desengaña ese é o verdadeiro. O muíño de Oliveria heino de mandar pechare con caravixas de prata heino de acaravixare. Teño unha silva na porta, nin me pica nin me prende, teño unha mala veciña que sin diñeiro me vende. A perdiz anda no monte o perdigón no valado a perdiz anda dicindo vente pra aquí namorado